Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 24 de febreiro de 2011

Testemuños libres de galego

A Mesa vén de denunciar unha nova exclusión da lingua galega nunha iniciativa desenvolvida por un departamento da Xunta. É o caso da campaña de concienciación sobre condución segura denominada ‘Libre’, impulsada pola Consellaría de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que xunto a diferentes materiais informativos incorporará por vez primeira un tema musical, acompañado dun videoclip, que se distribuirá masivamente a centros de ensino.
Isto non é todo, un coñecido zunante presenta  o testemuño destacado, tamén en español, da campaña "Libre, libre de alcol, libre de preocupacións"... ou tal e como vén na web da campaña, en presunto galego, *testimonio. Unha nova e completa acción contra a nosa lingua. A quen lla temos que agradecer?
Efectivamente, testemuños libres de galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario