No Cartafol dixital, acaban de publicar varios artigos referentes aos datos do uso das linguas na docencia na Univerisade de Santiago no presente curso 2010-2011.
A pesar de ser ésta a universidade con niveis máis altos de normalización, o galego só se usa no 30% da aulas, porén o castelán é a lingua do 66%. Máis precisamente apuntan que
Das 111 titulacións de grao ou 1º e 2º ciclo que se están a impartir actualmente na USC, 11 ignoran totalmente o uso do galego; entre elas, cinco relacionadas con idiomas; as restantes, relacionadas con Ciencias da Saúde. Outras tantas non chegan ao 10%, mesmo sendo estudos cun grande impacto polo número de matriculados, como Medicina.
Tamén se explicitan os datos por departamentos. Aínda quedan 7 deles nos que está excluído o uso do galego (Zooloxía e Antropoloxía Física, Ciruxía, Estomatoloxía, Pediatría, Xenética, Fisioloxía Vexetal e Filoloxía Inglesa e Alemá).
Todos estes datos hai que enmarcalos dentro da evolución plurianual. Durante os últimos anos o uso do castelán debuxaba unha curva descendente que agora parece estabilizarse. De confirmarse esta tendencia, o galego non seguiría gañando puntos na universidade santiaguesa.
Lonxe do tan difundido equilibrio lingüístico desde os departamentos da Xunta, os datos apuntan, por todas partes o que todos sabemos: que o uso do galego continúa descendendo, e que lonxe de potencialo, desde as insitucións públicas póñenselle todas as dificultades para o seu avance. Ata tal punto isto é así que incluso as pequenas conquistas son mal vistas por quen debería ser o seu principal impulsor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario