Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 25 de febreiro de 2011

Lois Pereiro: web oficial

Por medio do Levantador de minas achegamos esta nova web adicada a Lois Pereiro.
A web  recolle  as noticias xeradas encol do poeta,pero ademais aporta unha serie de contidos sobre a súa figura:  literarios, gráficos e audiovisuais . Moitos destes recursos son libres para usos non lucrativos. Tamén permite subir os contidos elaborados aproveitando ese material libre, para poder ser logo descargados e difundidos e inclúe un calendario dos actos que se están a organizar en todo o país, e mesmo materiais que se poden empregar naquelas convocatorias pensadas para a participación da xente.
páxina oficial de Lois Pereiro foi desenvolvida por Algueirada S. L. e conta co apoio daConsellería de Cultura e Turismo.
Outros recursos sobre Lois Pereiro:
Revista das Letras
MundoLois
Vídeo Lois Pereiro: as armas da paixón



Ningún comentario:

Publicar un comentario