Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 17 de febreiro de 2011

Feijóo descubriu ‘O divino ferrete’

por Cris Moss, no Xornal:


O pasado 2010 xurdía no seo do colectivo GalegoLab un proxecto novidoso. Esta plataforma a prol da lingua galega promovía a realización do “primeiro filme pornográfico feito en lingua galega en todas e cada unha das súas etapas”, produción que actualmente se atopa en pleno proceso de realización.

O filme, que será distribuído por Internet con licenza libre, está a ser financiado en boa medida a través de aportacións individuais co chamado “kit do produtor”, un conxunto de camisolas, chapas e o guión –no que participan varios premios Xerais– do filme que é posible adquirir a través da Rede.
Onte, o presidente da Xunta participaba nunha entrevista no programa Hoy por Hoy da Cadena SER e o seu condutor, Carles Francino, descubríalle a existencia do filme, que levará por título O divino ferrete. “¿Qué me dice?”, respostou Alberto Núñez Feijóo ao coñecer a existencia deste proxecto.
“¿Tendrá subvención o no?”, ironizou Francino, “que yo sepa, no”, retrucou Feijóo, que compartía tertulia co estremeño Guillermo Fernández Vara, quen, á súa vez, cuestionou ao galego polo significado de “ferrete”. “Tú que estás cerca de Portugal deberías... cuando lo llame, se lo comentaré”, resolveu Feijóo

Ningún comentario:

Publicar un comentario