Que ao conselleiro Agustín Hernández se lle poden criticar moitas cousas menos o seu esforzo por falar e promocionar o galego é algo que hai tempo quedou fóra de dúbida. Agora volvemos atoparnos con outra proba de que este madrileño fai máis pola lingua que compañeiros seus de Vigo ou A Coruña.
O BNG advertíralle á Consellería de Infraestruturas hai un tempo a través de varias preguntas noParlamento de Galicia sobre a presenza de toponimia deturpada na sinalización de varias estradas de titularidade autonómica. Agora chega a resposta correspondente do departamento que dirixe Hernández.
Recollendo a petición do BNG, e tras recoñecer que a toponimia efectivamente aparecía mal recollida, Hernández indica que xa deu orde de realizar as oportunas correccións. Correccións que fará o seu departamento sobre erros cometidos hai tempo por gobernos anteriores.
Así, Hernández asegura na súa resposta ao Parlamento que Puebla volverá ser A Pobra do Caramiñal, a poboación arousá denominada Las Sinas retomará o seu nome de As Sinas e o núcleo lucense chamado Barjamayor recuperará á súa denominación oficial de Barxamaior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario