A Mesa lamenta que “toda a publicidade de Movistar é en catalán en Cataluña, mais aquí exclúe o idioma propio” e lembra que, a pesar de que Guillermo Ansaldo, presidente de Telefónica, se comprometera coa Mesa en 2008 a introducir o galego na súa páxina web, esta continúa a ter opcións só de castelán e de catalán.
Carlos Callón asegurou que “os servizos de atención para profesionais e empresas exclúen o galego" e que " os servizos en galego só son teóricos. Por exemplo, no teléfono 1004, que é o servizo xeral de atención telefónica, é habitual que non haxa persoal dispoñíbel para falar en galego, polo que se anima a chamar máis tarde de forma incesante. Ao final, a persoa que chama ou pasa por un servizo deficiente por querer usar o galego ou ten que claudicar, inxustamente, dos seus dereitos lingüísticos”, denuncian desde A Mesa.
As razóns de que toda esta zunia esté instalada na compañía Telefónica teremos que buscala precisamente nas subvencións que a Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) lle regalan todos os anos coa desculpa de que van facer xusto o contrario. No entanto, aqueles organismo que si defenden a nosa lingua, como a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) acaban de recibir a mensaxe contraria por parte precisamente da administración. As achegas que recibían da Consellería de Industria e da Dirección Xeral de Xuventude e do Xacobeo desapareceron por completo, as da Consellería de Cultura reducíronse nun 30%, e as da SXPL reducíronse nun 60%. En total un 80% de recortes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario