Prolingua mándanos a primeira campaña de Prolingua Ciberactúa que vai destinada a solicitar da compañía de servizos enerxéticos poder manter únha comunicación en galego. Polo momento podemos facelo en inglés, castelán e catalán. Outra vez somos nós os discriminados, cómpre avaliar as razóns de por que isto é así.
Que podemos facer? Poñernos en contacto coa compañía e facerlles chegar a nosa queixa:
Enderezo postal: Gas Natural SDG, S.A., 2008 Plaça del Gas, 1 08003 Barcelona
Páxina web de atención ao cliente on line
Teléfono de atención ao cliente de Unión Fenosa: 901 380 220
Teléfono de atención ao cliente de Gas Natural: 902 200 850
MODELO PARA CLIENTES DE GAS NATURAL FENOSA
Eu, _____________________, con DNI____________, e na miña condición de cliente da súa compañía quero expresar a miña queixa polo trato discriminatorio que estou a recibir a nivel lingüístico por parte da súa entidade, posto que na páxina web podo elixir entre usar castelán, catalán ou inglés pero non se me ofrece a posibilidade de usar o galego, lingua oficial en Galicia. Por todo isto reclamo un uso igualitario para o galego na súa empresa.
Atentamente.
________________
MODELO PARA NON CLIENTES DE GAS NATURAL FENOSA
Eu, _____________________, con DNI____________, e na miña condición de posible futuro cliente da súa compañía quero expresar a miña queixa polo trato discriminatorio que estou a recibir a nivel lingüístico por parte da súa entidade, posto que na páxina web podo elixir entre usar castelán, catalán ou inglés pero non se me ofrece a posibilidade de usar o galego, lingua oficial en Galicia. Por todo isto reclamo un uso igualitario para o galego na súa empresa.
Atentamente.
_________
Ningún comentario:
Publicar un comentario