Irlanda foi durante moito tempo o exemplo do avance económico. Agora, de súpeto é o paradigma do contrario. Isto é un versus, algo polo que teño un gusto especial. Mais este blogue non trata da política económica, mais si da lingüística. Cal é a situación lingüística deste país?
O irlandés (ou gaélico-irlandés) é lingua oficial da Unión Europea , no entanto a súa situación é agonizante. No mapa da esquerda están marcadas en marrón as zonas nas que aínda o irlandés pode ser considerada unha lingua habitual. Do pequenas que son, é moi probable que algún dos que remexa neste blogue non sexa quen de enxergar as áreas marcadas para esta língua. E iso que o irlandés é a primeira lingua oficial recoñecida pola Constitución de Irlanda, sendo o inglés a segunda. Velaí que unha cousa son as leis e outra a realidade.
Un bo relato do estado de cousas no referente ao aspecto lingüístico témolo no artigo de Edelmiro Momán, "Como na Irlanda?"
Con estes antecedentes, teño que recomendar a seguinte curta, que vin hai algúns días no blogue de Manuel Bragado:
Ningún comentario:
Publicar un comentario