Hai escasas semanas o conselleiro de Cultura e Turismo informou no Parlamento da creación da Dirección Xeral do Libro e Bibliotecas, o que dito así, sen máis, é unha boa noticia, non só para aqueles que estamos implicados senón para toda a sociedade en xeral, xa que o libro forma parte indispensable da columna vertebral da cultura da humanidade, sendo o elemento esencial que vertebra e sostén a cultura en todos os seus diferentes ámbitos.
O libro é o que permite deixar fixadas no tempo as bases da cultura, necesarias para a súa aplicación e para o seu desenvolvemento. Sabemos que sen a existencia dos libros non poderíamos chegar a ser unha sociedade culta, certo que hoxe apoiados por outros soportes dos contidos culturais. E sabemos que sen cidadáns cultos a convivencia sería imposible. Polo que decidir prestar atención política ao libro deberá ir en favor da convivencia, e que se faga dende unha dirección xeral exclusiva para este fin significará que os responsable deste organismo poderán centrarse no coidado do libro galego, sen ter que distraerse noutras responsabilidade.
Agora ben, sendo esta unha noticia excelente, que siga sendo así vai depender do funcionamento no futuro desta dirección xeral, como xa dixo o editor Manuel Bragado: “Pode ser unha grande noticia ou unha grande decepción”, se as liñas de traballo entorno ao libro non acadan os resultados precisos, e se non se ten a visión necesaria para dotala do orzamento axeitado. Pero aínda temos esperanza, en parte porque xa se anunciou que á fronte desta dirección xeral vai estar o escritor Francisco López-Barxas, alguén que coñece ben o tema, cun historial de traballo en favor do libro galego dende moi diversos ámbitos, e confiamos en que deseñase liñas de traballo óptimas, o que esperamos é que llas deixen executar.
E escribo este artigo para facerlle unha petición especial e pública a Francisco López-Barxas: tendo a nosa cultura unha sólida base poética, dende os séculos XII e XIII, onde a obra dos nosos poetas estaba á cabeza da poesía europea, e pasando pola obra de recuperación e rexurdimento de Rosalía de Castro, Curros e Pondal, pasando polos tempos da longa noite de pedra coa obra do propio Celso Emilio, Díaz Castro, Cunqueiro, Ferrín, Novoneyra... e xa na actualidade con poetas de alta calidade como Xavier Seoane, Xulio Varcárcel, Fernán Vello, Xosé María Álvarez Cáccamo, María do Carme Kruckenberg, Anxo Angueira, García Teijeiro, Helena de Carlos, Ana Romaní, María Xosé Queizán, Forcadela e unha morea de nomes máis, a poesía ten serias dificultades para existir, o que fai é resistir heroicamente.
Significativo desta realidade é que existan editoriais que non queren saber nada de libros de poemas, outras editan escasos libros ao ano, e se o fan, confesoume un editor, é polo que supón de prestixio e non pola confianza nas vendas, e tamén sei que hai libreiros que foxen de poñer libros de poesía nos seus andeis como quen foxe das iras dun deus. A miña petición é que se abra, na nova dirección xeral, unha liña de actuación específica para fomentar a poesía, para que esta recupere o espazo que lle pertence nas editoriais, nas librerías e especialmente nas casas dos lectores. Ao mellor non estaba mal unha Subdirección Xeral de Poesía, soñar é de feito un acto poético.

Ningún comentario:
Publicar un comentario