Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 14 de novembro de 2010

Castelán correcto contra galego trapalleiro

Hai ben poucos posts que denunciaba unha campaña da Xunta, agora Galicia + competitiva, nun novo paso no abandono do uso do galego por parte das institucións públicas das que se supón que deben non só empregalo, senón fomentalo e extendelo. Agora o obxecto de denuncia é o perfil de facebook da Xunta, no que podemos ler o seguinte:

Ya sabéis, si queréis saber el tiempo que hace, o que va a hacer en Galicia, os recomendamos ver el sitio web de Meteogalicia.

Non é a primeira vez que o fan, e as actitudes dos últimos tempos apuntan a que esta vai ser a dirección que sigan nos vindeiros meses.

Mais un xa non sabe se é peor, se que deixen de usar a nosa lingua, o que o fagan da seguinte maneira:

Chegan a Galicia máis de un centenar de emigrantes galegos ou familiares seus de máis de 60 anos, que acolléronse ao programa"Reencontros na Terra 2010"

P.S: Mirando con máis vagar o facebook "Xunta de Galicia", vese tan cutre que me parece imposible que teña algo que ver coa institución oficial, así que seguramente, á ignorancia e ao desleixo terémoslle que sumar  a suplantación de personalidade dun organismo que nos representa a todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario