Manuel Vidal Villaverde entrevista a Helena Villar Janeiro para Galicia Hoxe. Aquí vai un anaco da entrevista:
A lingua nacional galega, primeiro símbolo identitario de nós, está a vivir un proceso perverso, provocado polos colonizadores, autocolonizados, lingüófobos e partidos políticos mentiráns, que cinicamente se autoproclaman galegos e logo despois o seu labor é colaborar co etnocentrismo español devido do castelán, para facer desparecer o galego e/ou mesmo encarceralo nun parque/museo metafísco como unha reliquia histórica e perversa?
A lingua sempre foi para min unha cuestión vital, porque creo nela e nas súas posibilidades de expresión, e porque foi a mellor herdanza que recibín dos antergos. Como persoa, deféndoa e úsoa en calquera circunstancia e ocasión. Como nai –coa axuda do pai, claro- conseguín transmitírllela aos fillos que a aceptaron como elemento natural constitutivo do seu ser de galegos. Hoxe éncheme de orgullo comprobar que a partir dela chegasen a falar varios idiomas para cando os precisan. Aquel proceder tan coherente non era entendido polos que pensaban que así os estabamos limitando, pero aí queda o exemplo por se valese de algo. Coa lingua propia deste país cadaquén ten que asumir as súas responsabilidades, que as temos: as familias, os profesionais, as institucións e os políticos que deben defendela. O futuro pediralle a cadaquén a súa responsabilidade. Eu non querería por nada do mundo ter participado activamente, e nin sequera ser cómplice, da súa destrución.
Ningún comentario:
Publicar un comentario