O goberno anterior entendeu que este problema era debido á exclusión dese alumnado a respecto do galego, polo que se propuxo vehiculizar especialmente en galego o ensino dos primeiros anos en contornas castelán-falantes. Afrontaríase este problema mediante dúas vías: unha lexislativa e outra organizativa. A lexislativa consistiría especialmente no seguinte apartado do decreto 124/2007:
No caso de contornos castelán falantes, a utilización nesta etapa da lingua galega como lingua de comunicación e ensinanza será, como mínimo, igual á da lingua castelá. Fomentarase a adquisición progresiva da lectura e da escritura en galego, no sentido de que este se convirta no idioma base da aprendizaxe, de xeito que o alumnado obteña unha competencia que lle permita comunicarse normalmente en galego co alumnado e o profesorado.
A resposta do goberno de Feijóo foi a derrogación do decreto do galego do 2007, e con ela, supresión da promoción do ensino en galego nas circunstancia que se relataban. Faiselle unha polémica consulta aos país, de moi dubidosa legaligade. Enténdese que os nenos de ambientes castelófonos continuarán excluídos do contacto co galego. Do que se trata é de legalizar a exclusión da aprendizaxe e do contacto co galego.
Nótese que a posición é disimétrica. Non pode haber nenos nunha familia galego-falante que non teñan contacto continuado e habitual co castelán.
A medida organizativa proposta polo goberno anterior para que os nenos das cidades non acabaran excluídos do galego consistiu en establecer liñas de galego que se estaban a aplicar nas escolas infantís das cidades. Para acceder a este sistema tíñanse que cumprir varios requisitos:
- Petición do colexio. Acordo do claustro.
- Profesorado disposto a participar nas liñas.
- Pais dispostos a participar no programa.
É curioso e significativo que as características que restrinxían a impartición das aulas en galego a principios da década dos 80 eran exactamente as mesmas que as das máis modernas liñas de galego. Efectivamente, segundo o Decreto de bilingüismo do 79 para que un profesor poidera impartir aulas en galego debía:
• Solicitar o apoio do claustro.
• Permiso ás APAS
• Enviarlle unha solicitude de permiso ao Ministerio cos acordos anteriores.
Aínda así, a solicitude podía ser denegada. De feito iso foi o que sucedeu, polo que o profesorado daquela optara por tomar polo camino lóxico: impartir aulas en galego sen facerlle caso á letra do funesto decreto. Non fará falta dicir que impartir clase en castelán non necesitaba de ningunha clase de permisos. E a isto aínda lle chamaban Decreto de bilingüismo.
O obxectivo deste decreto foi o de frear o cada vez máis numeroso movemento de profesores que, de facto, estaba a impartir aulas en galego.
Por iso non é de estrañar que nun informe para o CCG publicado no 2008 [sobre estudos realizados nos anos 2004-2005] e coordinado polo profesor Bieito Silva Valdivia, a porcentaxe de clases en galego en matemáticas na secundaria nos anos estando baixo a éxira do PXNL, que establecía polo menos un 50% das horas en galego, e recomendaba especialmente que as de ciencias fosen nesa lingua.Lembremos que os que hoxe somos profesores fomos educados baixo un ensino rexido por este tipo de leis. A socialización dos que agora somos profesores, era exclusivamente en castelán. Educáronos nos prexuízos lingüísticos. . Polo que non é de estrañar, que nun informe publicado polo CCG no 2008 dirixido por Bieito Silva Valdivia, da USC, a porcentaxe de aulas de matemáticas en galego movíanse entre o 35% e o 40% na ESO, e isto baixo o espíritu do PXNL, que establecía explícitamente que polo menos a metade das aulas debían impartirse en galego e recomendaba que as clases de ciencias se impartirán tamén nesta lingua. As clases de Historia e de Bioloxía debían ser todas en galego. Na primeira cumpríase a norma nun 75% e na segunda nun 50%.
Aos que hoxe somos pais excluíronos do galego na escola e na sociedade. Fomos formados nos prexuízos lingüísticos, e agora xa se nos ameaza cun plan para poner nas mans deste corpo social a decisión sobre cal vai ser a lingua vehicular do ensino. [Cal é a lingua materna do seu fillo?] Incluso, se hai que remover a lexislación para encaixar esta consulta e poñela patas arriba, hai a vontade política de o facer.A eliminación das liñas de galego revélanos onde debemos situar a ideoloxía da actual política lingüística do goberno. Non podemos situala no século XXI, nin no tempo en que se desenvolveu a estrutura autonómica, nos anos 80 e 90, pois aos seus autores non lles serve a concesión de permisos para o galego ao nível do ano 1979. Está claro que os fundamentos da intervención lingüística deste goberno profundizan as súas raíces nos pantanos da dictadura. Quedan entón desvelados cales son os obxectivos principal do decreto 79/2010:
• Reducir a presenza do uso do galego no ensino [acompañado de redución outros ámbitos]
• Anular as mensaxes normalizadoras [poñendo problemas aos que traballan nos centros de ensino no mundo da normalización]
• Visibilizar o galego como un problema e o castelán como unha solución [discurso imposición/liberdade]
E aínda lle chaman o decreto de plurilingüismo.
Conclusión.
Se a principios dos 80, con moito menos organización social, menos medios, un grupo de profesores abriron unha fenda na monolítica inmersión lingüística en español do sistema educativo da época, non hai desculpa ningunha para que 30 anos despois, co apoio de múltiples organización sociais, e cun incomparable mellor coñecemento da realidade sociolingüística, nós non fagamos o mesmo.
Ten toda a razón. É inxustificable que en Galicia hoxe en día sexa legal dar matemáticas en inglés, por exemplo, pero que sexa ilegal impartilas en galego. Está máis que demostrado que a utilización do galego como lingua vehicular do ensino non repercute en ningún prexuízo académico para os alumnos.
ResponderEliminarTodos os profesores cun mínimo de concienciación e de vergonza deberían impartir as súas materias, sexan cales sexan, en galego.
Impartir as clases de matemáticas en galego non é ilegal. O que é ilegal é o decreto 79 que insta precisamente a cometer ese disparate. Algunhas das razóns sobre o asunto están na etiqueta de "Xustiza" deste blogue: http://cartaxeometrica.blogspot.com/search/label/Xustiza
ResponderEliminarA respecto da vergonza... cómpre preguntar onde se perdeu, ou quen nola quitou...
Grazas.