por Cris Moss, no Xornal:
Cando a Xunta  de Galicia presentou publicamente os portátiles dos que gozarán os  cativos das escolas galegas a través do proxecto Abalar, os ordenadores  que alí se utilizaron viñan configurados en castelán por defecto, pero  non en galego. Así se denunciou desde numerosos foros.
Agora, varias semanas despois, o portal Ciberirmandade da Fala anuncia que a Xunta  recuou para configurar o galego como idioma por defecto nos portátiles  educativos. Foi, segundo se asegura, grazas á “cantidade considerable de  mensaxes enviados a responsábeis da Xunta e representantes políticos”.
Este portal aclara que consideraba “ben a inclusión do castelán nos  portátiles, ao igual co inglés”, aínda que sempre “que se ofrezan como  escollas alternativas á lingua principal, que debe ser o galego”.  Ademais, solicitan tamén que se inclúan outros idiomas como o francés, o  inglés e o portugués.
Ciberirmandade da Fala insiste en que a inclusión da lingua portuguesa iría “en coherencia” coas palabras do presidente da Xunta,  Núñez Feijóo, que advertiu varias veces da potencialidade comunicativa  de Galicia ao poder facer de ponte entre a anglofonía, a lusofonía e a  hispanofonía

 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario