Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 19 de maio de 2012

Día de la madre versus día da nai

Exemplo de como facer mal as cousas. O concello de Mondariz quixo celebrar o Día da nai e editou nun papel de alta calidade  e con profusión de cores, unha unha lista de ripios en castelán:
"Una madre es un beso,
una caricia, 
una sonrisa,
un abrazo, 
el mejor tesoro" 

Isto faise nun concello que, segundo datos do IGE, hai dez anos tiña un 97% de galego falantes.

Exemplo de como facer ben as cousas. O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela, en colaboración coa asociación de empresarios e a radio locais elaborou unha campaña de fomento do uso do galego nun ámbito que está completamente esquecido pola Xunta: o comercio. Lembremos que na lei de comercio interior non hai tan siquera unha mínima referencia á normalización. Pola contra basta facer un paseo polas vilas e cidades galegas para comprobarmos o penoso estado do uso do galego nos comercios.
O lema  'Con todo o meu agarimo' non podía estar mellor escollido para editar neste caso unhas tarxetas de regalo que, neste caso aproveitaban unha cantiga popular para lle dar pulo á lingua de noso:

Miña nai, miña naiciña
como miña nai ningunha
que me quentou a cariña
no calorciño da súa

2 comentarios:

  1. Bos días, Cibrán.
    Moitas grazas por esta referencia ao noso traballo; non a tiña visto antes.
    O caso é que acabo de meter a pata ata arriba: fixen referencia á túa entrada sobre As Calculadoras: de Leonardo da Vinci a Ramón Verea, e puxen Cibrán Santamarina. El mesmo acábame de avisar do erro. Pídoche desculpas.
    Por favor, pódesme dicir os teus apelidos?
    Moitas grazas, e parabéns polo teu traballo.

    ResponderEliminar
  2. Xa contestei por outra plataforma.
    E sobre a entrada das calculadoras: é unha clase que lles din aos meus alumnos. Coa axuda do vídeo da calculadora de Thomas de Colmar entenden moi ben cal foi a aportación de Verea xa que na de Thomas vese moi claramente cal é o procedemento de cáculo dos produtos, completamente dependente de sumas sucesivas.

    ResponderEliminar