Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 14 de maio de 2014

Nimbos ilustrado polo alumnado do IES Blanco Amor

Unha marabillosa colección de publicacións escolares da obra de Díaz Castro é a que nos chega desde o IES Blanco Amor (Ourense). O alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO do centro elaborou unha serie de debuxos tomando como referencia os poemas de Nimbos.
Segundo se nos informa no  ilustracións dos textos foron feitas con diversas técnicas. Os alumnos de 1º ESO empregaron máis a colaxe, mesturada con liña gráfica. Os alumnos de 3º e 4º utilizaron os materiais clásicos como lapis de grafito, lapis de cores, rotuladores e pasteis. Algunhas imaxes de 4º levan unha capa de cor con ceras, e despois unha augada de tinta chinesa.





Ningún comentario:

Publicar un comentario