Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 14 de maio de 2014

Penélope desde o IES Bouza Brey



Nestes días imposible seguirlle a pista a Díaz Castro. E iso está ben. 
Por medio dun chío da CGENDL souben das iniciativa do IES Bouza Brey (Vilagarcía). Destaco aquí este vídeoclip da súa propia versión de Penélope, que con ser excepcional, non é a única actividade que desenvolveron neste centro educativo. Vexamos: photocall Díaz Castro, Penélope en checo, webquest das letras 2014, a súa versión musical de Penélope con fotografías de traballos do alumnado, a versión en italiano de Penélope dunha alumna de 2º da ESO,... e o que virá.

Ningún comentario:

Publicar un comentario