Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 21 de maio de 2014

Comentarios sobre a entrevista a Alonso Montero na TVG



 Alonso Montero (actual presidente da RAG) e Valentin García (secretario xeral de política lingüística) foron entrevistados esta semana no programa da TVG 'Bos Días'. De seguido algúns comentarios sobre a primeira destas entrevistas, realizada o pasado 13/05/14.
Alonso Montero
O que trascendeu aos medios das declaracións de Alonso Montero foi a frase "o día que se ligue en galego, que se cante en galego, o día que un guiñe un ollo a unha moza en galego, o galego daría pasos cualitativos de xigante ". E menos mal, pois a frase dá a entender que o que cómpre é avanzar na normalización. Porén Alonso Montero non tivo o acerto de explicar que a Xunta non está a facer unha política lingüística que ofreza nin tan siquera unha medida favorable ao uso normal da lingua galega e que pola contra si que multiplica o seu acurralamento.
Bo foi que non se divulgara que por non darlle a razón á Mesa cando denuncia que a situación do galego é a peor compartivamente respecto das do resto do estado español, Alonso Montero non dixera outra cousa que a situación do galego é peor que a do castelán e non profundizara nas razóns de que isto sexa así.
Outra pregunta: estamos a perder galego falantes? A resposta do ilustre profesor pasa por destacar que a xuventude, que non fala galego, recibe clases da materia de lingua e literatura galega, e segue sen falar en galego. E punto. Sen dar nin unha mínima indicación das causas.
Bo foi que non se divulgara o anaco da entrevista no que se lle pregunta polo desapego que se percibe na cidadanía respecto da norma. Polo seu cargo debería ter feito polo menos dúas cousas. Unha, defender os criterios científicos na elaboración da norma frente a preferencias máis ou menos ventureiras, e outra, ofrecer unha visión da norma como unha opotunidade de situármonos no mundo como unha comunidade con capacidade para construir un estándar aceptado e que en contra do que divulgan os inimigos da nosa lingua, mantense desde o 2003 sen cambios cando, por exemplo o castelán realizou unha de certa importancia no 2010. Pero a Alonso Montero pareceulle mellor incrementar os prexuízos cos que carga a nosa lingua destacando os conflito que xeneraa norma do galego, pois un rapaz de bacharelato ten en escribir palabras como "produto"  na aula de galego, pero "producto" na de castelán (eu engadiría que tamén na de matemáticas). E polo resto, só falou de problemas e máis problemas cando se trata o tema da normativa da lingua galega. Manda truco! Se isto é todo o que podemos tirar dun presidente da RAG, estamos aviados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario