Hai un mes S
uso de Toro visitaba o IES Pintor Colmeiro (Silleda) para unha xornada maratoniana. Impartiulle unha longa conferencia ao alumnado de 3º e 4º da ESO, participou nunha
lectura/presentación das súas obras cos grupos de bacharelato,
inaugurou unha aula co seu nome, e compartiu o traballo realizado polo alumnado do centro arredor da súa obra con achegas tan orixinais como esta
representación en teatro de papel xaponés (kamishibai) de "Unha rosa é unha rosa" ou o
audiovisual dun artigo de prensa titulado Non marchedes sen loitar antes.

E o home aínda tivo folgos para reglarnos esta excelente entrevista que dúas alumnas de 4º da ESO, Sonia Framiñán e Martina Domínguez lle realizaron na Aula de Vídeo e Radio do Colmeiro. Paga a pena escoitala. Nela fálase de literatura, da súa función, do papel do escritor, da falta de apoio da Xunta á escrita en galego, situación actual da lingua galega, de política, de Zapatero....en definitiva, unha entrevista ben preparada e con respostas substanciosas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario