Gustoume moito esta entrevista a Nicoleta Rasuceanu, alumna de 1º de bacharelato do IES Chano Piñeiro (Forcarei), que leva oito anos en Soutelo de Montes.
No blogue do ENDL coméntase que éste pretende ser o primeiro dunha serie de vídeos que realizarán dando protagonismo ao alumnado procedente doutros países tratando a cuestión da relación que manteñen coa nosa lingua e as reflexións que realizan sobre a situación da mesma.
Cómpre escoitar a Nicoleta con atención e decatármonos da importancia da lingua ambiental. Na súa estancia en Pontevedra falaba en castelán, pero ao chegar a Forcarei enganchouse á lingua dos seus compañeiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario