Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 15 de maio de 2014

Ana Pontón defende a lingua no parlamento. O PP rexeita o Plan Xeral de Normalización.

O Parlamento rexeitou cos votos do PP unha iniciativa do BNG sobre a lingua galega, apoiada polos grupos da oposición. A deputada do BNG Ana Pontón denunciou a situación de discriminación que padece a lingua galega e defendeu que a posición do seu grupo é simplemente reclamar que se cumpra o Plan de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade nos ano 2003.
Ao BNG non lle queda outra que colgar vídeos na arañeira da rede porque a clausura informativa é total. Na semana da celebración das Letras Galegas os medios esconden unha iniciativa de impulso do uso do galego que pasa necesariamente por unha denuncia da política de negación e secundarización da lingua que se está a levar por parte do goberno de Feijóo.
Aquí non pasa nada porque ninguén o conta. Será que nunca se aprobou un Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, será que o goberno actual non implantou ningunha medida deste Plan, será que despois de votar a favor del agora o PP non o rexeita radicalmente, será que a política lingüística da Xunta non tomou unha dirección radical de imposición do español. Se é así, o mellor será mellor que non miredes estes vídeos. Quizais, despois de todo, Ana Pontón tampouco existe.
E eu sen enterarme.



A noticia vía Galicia Confidencial

Ningún comentario:

Publicar un comentario