Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 14 de xaneiro de 2011

Henrique Monteagudo e Pilar García Negro, xuntos na TVG


O pasado luns 10, no programa da TVG, Foro Aberto, Carlos Luís Rodríguez quixo apuntarse ao afondamento do debate aberto arredor do documento presentado polo IGEA por Monteagudo. Significativo. Porén destapouse unha fenda moito maior entre estes dous invitados e algúns dos contertulios do programa. Entre estes últimos pódense oir as voces de Roberto Blanco Valdés (comentarista de La Voz de Galicia) , Julio Rodríguez (director de Atlántico Dirario), José Luís Gómez (director do Xornal de Galicia) e Julián Rodríguez (xornalista).
Se queredes oir algúns disparates mesturados con discursos con algo de sentidiño, ou se queredes ver como Henrique Monteagudo lle chama Decreto de Bilingüismo ao decreto do biparitito,  cómpre ir ao vídeo da canle de televisión polo que hai que premer aquí, e ir ao minuto 31.

1 comentario:

  1. Todo un pracer, ler a xente orgullosa do seu, xa son 500 anos de políticas de asimilación lingüística en Galicia. Depende de nós e só de nós, que rematen canto antes mellor, sexa da forma que sexa.

    ResponderEliminar