Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 30 de xaneiro de 2011

Avelino e Castelao, sempre xuntos.

30 de xaneiro. Conmemorábase o 125 do nacemento de Castelao. E o ilustre galeguista volveu a pasear polas terras da Estrada da man de Avelino Pousa Antelo.
Avelino lembrou aos presentes como coñecera a Castelao nun mitin do Teatro Principal, en Santiago. Fixo memoria dos seus paseos ata os locais da editorial Nós, dos recados que lle facía a Ánxel Casal, das tertulias no Derby...

As  principais institucións, como a  Consellería de Cultura, viránronlle as costas  á lembranza de Castelao, e continuarán a facelo durante todo o ano porque o pensamento do de Rianxo fai agromar con toda a súa crueza a zunia e a mentira que espallan a cotío desde as webs oficiais e desde os medios ao seu servizo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario