Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 26 de xaneiro de 2011

Etiquetaxe en castelán, en catalán,... e en galego?

Despois dun prazo de 6 meses, as grandes empresas, as de máis de 200 empregados, desde esta semana teñen a obriga de etiquetar os seus produtos polo menos en catalán en virtude do Código de Consumo de Cataluña. A medida aprobouse co rexeitamento de Ciutadans e o PP, ademais estes últimos recuriron a lei diante do Tribunal Constitucional.
Esta lei vén a restaurar, en parte, o dereito de recibir a información comercial en catalán. Aínda así, o único idioma que mantén na práctica a hexemonía prácticamente exclusiva no mundo do comercio é o español.
Na seguinte gráfica, elaborada pola Plataforma per la Llengua vemos a evolución da cantidade de disposicións legais que se van producindo cada ano, regulamentando todas a presencia do castelán no comercio; polo momento suman un total de 196.

E que pasa co galego? Polo momento temos a ameaza do Proxecto de Lei do Comercio Interior que vai consagrar o absoluto dominio do castelán neste ámbito. O resultado deste partido será de 196 - 0. Ningunha disposición legal vai establecer o uso do galego na etiquetaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario