Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 1 de xaneiro de 2011

Kaqchiquel

Nikte fala achí, un dialecto da familia de linguas kaqchiquel. Ela transmítenos a seguinte mensaxe:
As tradicións e estilos de vida dos nosos antecesores estanse perdendo aos poucos. Son substituídos por estilos de vida foráneos que se supoñen mellores. Os nenos xa non valoran as formas de vida dos antepasados e os máis vellos son os único que manteñen ese coñecemento. Nós non queremos que iso desapareza, así que estamos a reunir os diferentes costumes para previr a súa desaparición [...] e transmitírllela aos nenos. Se algún dia chegan a esquencer as súas raíces, eses costumes non se perderán grazas a toda esa información: teceduría, plantas medicinais, como contar unha historia, como se chaman os obxectos.
Nós herdamos unha visión da nosa nai Terra como nós a chamamos, e iso é importante para todo o mundo, para transmitir unha parte desta sabedoria. Porque estamos arruinando a nosa única casa, o planeta Terra.
Pero o coñecemento dos nosos ancestros se mantén, entón pode ser posible salvalo e transmitirllo aos nosos fillos e aos nosos netos.



http://www10.gencat.net/pres_casa_llengues/AppJava/frontend/llengues_detall.jsp?id=574&idioma=9

Ningún comentario:

Publicar un comentario