O Consello Escolar rexeita a Lei de Convivencia. Oito organizacións -CCOO, UGT, CIG, a Confederación de ANPA de colexios públicos Confapa, tres movementos de renovación pedagóxica e o Seminario de Estudos Galegos- presentaron as súas respectivas emendas á totalidade, que se votaron de forma conxunta. Ó seu favor emitíronse 21 votos (o 52,5%), 11 en contra (entre eles os de Congapa, a patronal de centros concertados, o sindicato Anpe e representantes de municipios do PP- Outros dous votos foron abstencións, unha dos colexios relixiosos.
Esta lei leva está pensada para fortalecer o funesto decreto de plurilingüismo ao que pretende reforzar. Parece que vai levar o mesmo camiño que este último que tamén fora rexeitado polo Consello Escolar. Agora deberá pasar polas mans do Consello Consultivo e de seguro que finalmente, en contra de todos os axentes sociais, será aprobado sen consenso ningún para seguir estropeando xustamente o que se anuncia que vai arranxar: a convivencia no mundo do ensino.
Un dos aspectos máis salientables deste `proxecto de lei consiste na cobertura legal ás consultas ás familias sobre a lingua a usar nas aulas. Un paso máis en contra da normalización da nosa sufrida lingua no ensino.
Segundo a Confapa: "Lonxe dunha participación activa, o que agora se regula é unha consulta unidireccional sen matices nin controis". Unha das primeiras reaccións foi o seguinte comunicado de Guillermo Meijón, o portavoz de educación do Grupo Socialista. A CIG-ensino concentrouse en protesta pola lei, a súa resposta, da boca de Anxo Louzao, pode escoitarse no seguinte vídeo.
P.S.: máis da Escola de Ferrado (Meijón), onde nos fala do enmudecemento da Consellería de Educación
Ningún comentario:
Publicar un comentario