Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 26 de xaneiro de 2011

Redución e desorganización nos Celga

A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua acaba de poñer de manifesto que, alén da redución do número de cursos de galego, hai unha falta de planificación na Xunta que  organiza directamente unha serie de cursos en concellos que de xeito arbitrario decide a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) sen unha planificación territorial previa cuns criterios minimamente claros e, nalgúns casos, sen sequera contacto previo con eses concellos.
A pesar de que xa en outubro de 2009 a CTNL lle remitira SXPL unha proposta para corrixir os numerosos problemas que había nestes cursos, a SXPL fíxolle caso omiso e non tivo en conta as propostas de mellora sinaladas polos técnicos
E aos problemas detectados en edicións anteriores, súmaselle este ano a descoordinación total dentro da Consellería de Educación, que nunha mesma semana fai dúas convocatorias distintas de cursos preparatorios para os Celga, na maioría dos casos nos mesmos lugares, épocas e horarios, uns organizados pola SXPL e outros polas escolas de idiomas. Esta dobre convocatoria supón, por un lado a duplicación de procedementos e prazos de inscrición e a dispersión da oferta e da información, e por outro, que haxa cursos preparatorios para uns exames que non teñen en conta as datas deses exames, pois outro dos graves recortes que a SXPL fai este ano é o da eliminación dunha das dúas convocatorias de probas para poder obter o Celga.

Ningún comentario:

Publicar un comentario