A Federación Galiza Cultura que reúne varias asociacións culturais celebrará o vindeiro domingo 30 un acto ás 17:00 consistente na realización de homenaxes simultáneas polo 125 aniversario do nacemento de Castelao. Ese mesmo día, en Bonaval celebrarase unha homenaxe semellante.
Na Estrada será na praza do Concello, onde se colocará unha faixa conmemorativa. Os organizadores neste caso, a Asociación Cultural Vagalumes e o Concello da Estrada, solicitan aos asisten que participen na lectura dun texto de Castelao en defensa da lingua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario