Dúas intervencións na homenaxe que, desde A Estrada se lle fixo este domingo, 30 de xaneiro. Unha, a de Avelino Pousa Antelo, que nos conecta directamente con Castelao; na outra Clara Iglesias, presidenta da Asociación Cultural Vagalumes, presenta un fermoso e emotivo texto do escritor homenaxeado, redactado desde o exilio en Buenos Aires:
"din que as campás de Liripio fan escorrentar os tronos. Ogallá que resoen en Bos Aires as campás de Liripio e fagan posible a unión de tódo-los estradenses! Que se xuntes os ríos estradenses e que o seu poderoso caudal desemboque noutra máis poderosa unidade: na unidade patriótica dos galegos."
Ningún comentario:
Publicar un comentario