Que é o que fai Feijóo nesta foto?
O venres pasado vin un anaco do Luar. Como sempre, estaban Mucha e Nucha, as pandereteiras de Ardebullo. Todo o mundo sabe que, a pesar de apareceren só dúas nas festas e nos programas de televisión, teñen outra irmán da que falan de cote. Contra o final do programa contaron un chiste no que falaban de como á irmá ausente se lle dera por recoller retallos de roupa para facer colchas; fixera tantas que ata as usaba para tapar con elas as vacas... mais isto derivaba nun problema. As vacas abrigadas coas colchas daban leite callado. E éste era o chiste.
O problema é que as de Ardebullo víronse na necesidade de explicar o chiste, había quen non llo entendera:
- ... o leite callado é a leite cuajada, la cuajada,...
Agora, xa sabedes o papel de Feijóo na foto.
Imaxe vía Arde Galiza, mas nom queima!
Ningún comentario:
Publicar un comentario