Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 20 de abril de 2012

Pousavasos pola lingua

5000 pousavasos como o da imaxe serán repartidos por toda a comarca do Barbanza. O deseño utilizado foi escollido nun concurso no que se presentaron moitos traballos [1] e [2]
 É unha das iniciativas do ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo. Moi orixinal e que ademais pode entenderse perfectamente desde a aposta feita desde a Coordinadora Galega de ENDL de aproveitar a vinculación da figura de Valentín Paz Andrade co mundo empresarial.
Non é a única acción deste tipo promovida desde ENDL. Teñen feito pegatinas, cartaces para repartir entre as empresas da contorna do instituto, unha ficha de traballo para que o alumnado observe e reflexione sobre o uso das linguas na empresa, diplomas de recoñecemento a establecementos do seu compromiso co galego e mesmo un vocabulario gastronómico para que poida ser aproveitado para a confección das cartas dos restaurantes.
Toda unha restra de iniciativas a ter en conta para calquera equipo de normalización. Ou, dito en plurilingüe, todo un brainstorming de propostas.

2 comentarios:

  1. Se ben eu son a primeira en parabenizar ao IES Félix Muriel de Betanzos, dende logo para min un óptimo modelo do que deber ser e significar un Equipo. Gustaríame facer un pouco de xustiza engadindo algúns datos a esta entrada.
    Non todos os centros da Coordinadora participaron na elaboración dos modelos, pero non sería xusto non nomear a outros centros onde si elaboraron pousavasos e mesmo un deles vai ser publicado (refírome ao Grupo de Ribeira). E tampouco me parece xusto non facer referencia ao labor que leva a cabo o representante do centro de Cadreche na coordinadora, lamento non lembrar o nome neste momento, que levou a cabo toda a negociación.
    Asina:
    Pilar Ponte (Recente membro da Coordinadora do Barbanza en representación do IES da Pobra do Caramiñal).

    ResponderEliminar
  2. Grazas pola información.
    Eu xa vira que o proxecto foi cousa de varios centros do Barbanza, pero a información que atopei foi sobre todo a que refiro nesta entrada do Félix Muriel.
    O dos pousavasos pareceume unha excelente iniciativa, que ademais servía para introducir a campaña da CGENDL sobre a posta en valor do galego na empresa aproveitando a figura deste anos do Día das Letras

    ResponderEliminar