Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves 26 abril 2012

Unha okapi no Caurel: Sermos Galiza

"Okapis semellan animais que tenden á igualdade e á non discriminación. Polo nome non identificamos se okapi é femia ou macho. Aquí non hai plural excluínte"
Velaí o que é Sermos Galiza, un medio de comunicación que tendo como referencia Galicia preséntasenos  como unha ferramenta imprescindible para irmos construíndo un espazo de decisión propio a camiño do pleno autogoberno. Así Sermos Galiza é como unha okapi no Caurel, un animal estraño nun lugar que, visto como están as cousas, non é o seu: un medio en galego en Galicia e con vocación de non atacar a lingua e o orgullo propios, senón, moi pola contra, un animal que procura a igualdade e a non discriminación.
Teremos que ter coidado cos cazadores, por iso cómpre retirarlles a munición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario