Moi recomendable web argallado desde o CEP Sequelo (Marín) e a EEI Monte da Guía (Vigo), con cancións, debuxos para colorear, e ducias de recursos.
O 18 de abril de 1994, ás 6 da tarde, botaba a andar na TVG unha emisión: o Xabarín Club, que pronto deixou de ser somentes un programa televisivo, convertíndose nun fenómeno social, nunha icona que foi normalizando a nosa lingua e xerando en nós un sentimento de identidade coa nosa propia cultura: a galega.
Moitas grazas!!! Saúdos dende a EEI Monte da Guía!!!
ResponderEliminarGraciñas por difundir este proxecto que con tanta ilusión estamos traballando!!! Saúdos!!
ResponderEliminar