Cando me enterei de que Juan Constenla, o concelleiro de cultura da Estrada, dixera que o concello lle retiraba o apoio á edición do Correlingua deste ano, fíxoseme presente a imaxe unha imaxe que presenciara dous días antes: Valentín García e o seu veciño e amigo Juan Constenla acudían xuntos una representación teatral. no Teatro Principal da Estrada. Deducín inmediatamente que o secretario xeral de política lingüística non só coñecía de primeira man a decisión de impedir a celebración do Correlingua na Estrada, senón que tamén a compartía. A cuestión é entón por que hai menos dun ano Valentín presentaba xunto co anterior concelleiro de cultura os actos que se desenvolverían encol do Día das Letras, sendo o primeiro a participación no Correlingua, e agora participa da súa prohibición. A ninguén se lle escapa que se o secretario xeral de política lingüística quixer, bastaría unha chamada ou unha pequena indicación aos seus amigos do concello da Estrada, para que deran un paso atrás e volveran a prestar o seu apoio a un Correlingua que celebrábamos con satisfacción todos os veciños da comarca.
A Festa dos Pereiriños era unha celebración tradicional que, logo de perderse, foi recuperada nos 90. Celébrase a fin do curso nunha carballeira acompañados de gaitas, un xantar e co galego como protagonista implícito en toda a festa. Valentín García participa na súa organización. Consiste nunha festa moi semellante ao Correlingua. Probablemente a diferenza maior sexa que o Correlingua é unha celebración centrada no orgullo e na reivindicación da lingua galega mentres que nos Pereiriños ten este carácter central. Será que desde o concello estradense e desde a SXPL renegan do galego? Mais ben penso que as razóns hai que buscalas no sectarismo e procuran afogar aquelo que non controlan directamente. Os impedimentos para a realización do Correlingua só poden entenderse se desde os organismos que os poñen e permiten hai un interese pola imposición dun único modelo de pensamento encol da normalización ou mellor dito, encol da aniquilación da normalización.
Desafortunadamente, por esta vez, comprobouse que o eu aventuraba estaba completamente acertado. Para comprobar en que medida se está actuar desde o sectarismo e en contra do galego, deixo aquí un vídeo dun informativo local no que se mostra con bastante claridade que é o que A Estrada e a súa comarca van perder nas vindeiras semanas.
Ola
ResponderEliminarPrimeiro, noraboa por este blog.
Xa sabemos a quen seguen estes señores da Estrada que non queren Correlingua.
http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2012/03/22/galicia-bilingue-da-hecho-concello-subvencionara-correlingua/592425.html
Manuel B.
Grazas.
ResponderEliminarSó o sectarismo pode ofrecernos unha explicación á negativa do Concello da Estrada a apoiar o Correlingua.
O caso é especialmente preocupante. Pensemos que o SXPL e o alcalde da Estrada están especialmente implicados nesta decisión. Eles os dous forman parte da dirección da Rede de Dinamización... xunto con Norberto Uzal.
Segundo Valentín o proxecto estrela da SXPL é precisamente esa Rede.