Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
sábado, 14 de abril de 2012
Homenaxe a Rosalía na Estrada
O pasado 24 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro. N´A Estrada tivo lugar unha lectura de poemas organizada pola Asociación Cultural Vagalumes baixo o paraugas da AELG.
Tal e como ben di o condutor do acto, o escritor estradense David Otero, "gustaríanos un acto cívico e insitucional. Non foi posible" xa que o Concello d´A Estrada se negou a apoiar a declaración promovida pola AELG. Como pode comprobar calquera que vexa o vídeo, non se acha razón para esta negativa. Cal é o problema de celebrarmos todos os veciños xuntos unha festa na honra da escritora que marca o punto de restaruración da nosa literatura? Quizais o problema sexa precisamente ese, a exaltación do propio, tal e como volveron a demostrar poucas semanas despois coa denegación do apoio que o concello d´A Estrada viña mantendo os últimos anos ao Correlingua. Un novo e claro caso de sectarismo que demostra que os nosos gobernantes non teñen ningún intese pola lingua e cultura galegas. Pregúnto se isto reflicte o sentir popular. Espero que non.
Etiquetas:
A.C. Vagalumes,
AELG,
David Otero,
local,
poesía,
Rosalía de Castro,
vídeo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario