Sobre o dicionario
Elaborado a partir dun amplo corpus do galego moderno, o seu carácter é normativo, polo que unha busca no Dicionario ofrece información sobre a pronuncia, grafía e significados correctos da palabra. Achega, ao mesmo tempo, información gramatical (xénero dos substantivos, formación do feminino, réxime dos verbos...) e, cando é pertinente, sobre o nivel de uso (rexistro formal ou familiar). As acepcións do termo buscado acompáñanse de sinónimos, antónimos e voces próximas semanticamente, ademais de ilustrarse con varios exemplos de uso. Asemade, o Dicionario incorpora a terminoloxía científica manexada nos niveis de estudos medios, así como as locucións e os fraseoloxismos de maior relevancia, cos seus significados e exemplos correspondentes.
No que se refire á súa consulta en liña, a páxina propón un sistema preditivo de busca que facilita a procura do termo. Na marxe dereita preséntanse os termos máis buscados polo público e a definición dunha "palabra á toa", ademais dun formulario que permite enviar calquera suxestión para favorecer unha mellora constante do dicionario. Ademais, unha aplicación permítenos enviar a Twitter a procura realizada, contribuíndo, deste xeito, á socialización do galego no seo das redes sociais.
Sobre o web
Afornunadamente despois da renovación do web da RAG, podemos atopar algo que non se parece nada ao orixinal.
A páxina principal está centrada nun listado de novas. Nunha barra lateral temos unha axenda de actos e algúns destaques. Desde esta mesma páxina principal podemos acceder a varios temas epigrafiados como A institución, O galego, Membros da Academia, Actualidade ou Letras galegas. Tamén temos acceso ás seccións adicadas ao Arquivo, Revistas,...
Pero vou destacar, polo momento, o apartado de Recursos. Desde aquí a RAG fornécenos con:
- Normas ortográficas e morfolóxicas, o acordo do 2003 foi ata o momento completamente desaproveitado para avanzar na normalización. Xa sei que tal e como está a política lingüística continuaráselle a virar as costas ao éxito institucional que supuxo este acordo. Pero aquí está, para quen o queira consultar.
- Cartografía dos Apelidos de Galicia, desafortunadamente non se renovou desde a súa edición no 2001
- Dicionario de pronuncia da lingua galega, devólvenos a pronuncia formal estándar. Tamén temos esta posibilidade desde o novo dicionario en liña da RAG.
- DIGATIC, é o dicionatrio galego das TIC. Ao ritmo que se desenvonven as novas tecnoloxías, compría renovalo e actualizado decote.
- Dicionario galego da Televisión, nacido da necesidade de nomear os elementos da produción televisiva. Un produto do Termigal.
Xa dispoñíamos hai tempo da posibilidade de consulta do Volume I do MSG 2004 (Mapa Sociolingüístico Galego). Por fin (polo menos para min é así) temos acceso aos outros dous volumes. Xa os repasaremos con vagar.
- Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia. MSG 2004. Volume I
- Usos lingüísticos en Galcia. MSG 2004. Volume II
- Actitudes lingüísticas en Galicia. MSG 2004. Volume II.
-
Ningún comentario:
Publicar un comentario