Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
mércores, 28 de marzo de 2012
Ameazas a un instituto balear pola defensa do catalán
Hai uns poucos días comentaba o caso de Jaume Bonet, o mestres xubilado que estaba en folga de fame en protesta pola política lingüística do goberno balear. Agora é a represión da defensa da lingua o que é noticia. Todo comenzou por outra iniciativa de defensa frente aos ataques ao catalán. Trátase da campaña Enllaçats per la llengua, que promovía o orgullo polo catalán e a súa defensa colgando lazos coa bandeira de barras. Nun instituto próximo a Palma, o IES Marratxi, elaboraron este vídeo durante un recreo, e coa libre participación de alumnos e profesores do centro. A Conselleria d'Educació con clara intención represora xa iniciou a apertura dun expediente ao profesorado do centro.
Debemos ter moi claro que o patrón polo que se desenvolve a política lingüística nas Baleares é o mesmo que o que sufrimos en Galicia. A resposta que deron alá xa a sufriron os Equipos de Normalización aquí no seu dia, e ninguén que defenda a lingua está libre deste tipo de ataques nun futuro. O que dá asco é que agora os paus choven desde o goberno. Pola contra, ninguén sabe deste tipo de ameazas, nin en Galicia nin nas Baleares, contra aqueles que atacan o galego ou o catalán. Pois éstes aínda han de recibir os parabéns!
O máis curioso do caso é que estas políticas fanse baixo o presunto impulso do plurilingüismo. Estraño o plurilingüismo ese que só toma medidas en contra da lingua propia.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario