O substituto de Flocos é Canle TV, segundo o crítico cinematográfico Martin Pawley "nace como un tristeiro depóstito do pasado". O certo é que para esta viaxe non se precisaban alforxas. Polo momento, menos contidos (por exemplo non está o excelente documental Linguas Cruzadas [vídeo, unidade didáctica]) con menos información de cada un deles, ningunha novidade desde o peche de Flocos, e ningún indicio de programación.
O peor, na miña opinión, é o desleixo. A pesar de que tiveron a plataforma audiovisual pechada durante un ano, ao pé de todos os vídeos aparece o seguinte lema: 'Código para a tú web'.
Sempre sucede así, o desprezo por unha cultura maniféstase primeiramente no descoido no uso da lingua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario