Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
xoves, 8 de marzo de 2012
Pilar versus piar
Eu son Pilar
Eu tamén son Pilar
E eu!
En Galicia somos 1.445.831 mulleres.
E todas somos Pilar
As mulleres somos un piar fundamental da economía de Galicia
Onte, hoxe e mañá
Porque sen mulleres non hai Galicia
Este é o anuncio da Xunta para o 8 de marzo. Como todo o que fan na Xunta, está pensado en castelán. Desta vez aínda tivemos sorte porque o traduciron ao galego. Pero claro, quedoulle feito un churro.
Eis unha consecuencia máis da desastrosa política lingüística que alicerza o goberno que sufrimos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Vaia, debo recoñecer que até hoxe non entendía o ínclito anuncio.
ResponderEliminarEscoiteino varias veces na radio pero non entendía eu o porqué somos todas Pilares. Eu preguntábame que quen sería Pilar para que todas quixéramos ser ela.
Pero agora vexo a trapallada que fixeron. Que vergonza!
Pode que eu ande por carreiros polos que ninguén transita, pero paréceme que esta trapallada ben merecía algún comentario na prensa. Agás en Praza, non vin ningunha referencia ao disparate.
ResponderEliminarA min non me pasou como a ti. Eu oín o spot na radio... e pensei que oíra mal, pero sabendo a quen temos gobernándonos, comencei a sospeitar que o anuncio era unha mala versión de algo pensado en español.