Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 12 de marzo de 2012

Máis galego na rede

Algunha vez temos boas noticias para a normalización.
O proxecto de Google para facerlle frente a facebook, Google+, nacido hai un ano, vén de incorporar a posibilidade de podérmolo xestionar en galgo. Así o anunciou A Mesa, quen foi a primeira en recoñecerlle a Google este paso adiante. A un tempo a asociación de defensa da lingua solicítalle a Google que traslade este exemplo a outros seus produtos da rede, como o Gmail ou Blogger.
Con este paso dado pola multinacional twiter fica soa como única rede social que non posibilita a súa xestión en galego.
Para levar adiante a incorporación do galego ás distintas plataformas tecnolóxicas A Mesa considera fundamental a implicación da SXPL. A ver se desta vez responden favorablemente ou, como ata  momento, lle continúan a virar as costas á nosa lingua ofrecendo únicamente actos floridos, simple escaparate dunha tenda que non ofrece produto ningún.
Nos últimos dias douse algún paso positivo. No último Consello da Xunta o goberno galego por medio da Secretaría Xeral de Innovación e Modernicación Tecnolóxica,  decidiu aprobar unha partida económica para financiar os custos que a Asociación Puntogal precise para a obtención do dominio '.gal'. Unha boa noticia que ten como protagonista á Xunta. Esperemos que haxa máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario