Velaquí un exemplo do que podería aprender a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Hoxe é o Día do Libro. No IES Chano Piñeiro (Forcarei) o Equipo de Normalización en colaboración coa Biblioteca do centro e o Club de Lectura poñen o foco na importancia de dispoñermos de traducións na nosa lingua. Escolleron 32 clásicos da literatura universal e puxéronlle cara aos seus autores co fin de difundir a idea de que os clásicos clásicos están vivos e animar á súa lectura en galego. Recollo as palabras da presentación deste proxecto no blogue do ENDL do centro:
Sen ningunha dúbida, en galego estamos no mundo e a través da nosa lingua podemos acceder ás grandes obras da literatura universal.
Para enxergar todo o traballo que hai detrás, un par de exemplos das moitas entradas que cargaron nos seus perfís de facebook e de twitter, aínda que isto non foi todo, pois tamén tiveron un concurso, unha exposición de carteis,...
Bóla de Sebo é o ofensivo nome co que se coñece a Isabel Rousset, unha prostituta que foxe, xunto a outras persoas de clase alta, da devastación da guerra. #haividanoslibros #23deabrildiadolibro #abrilmesdoslibros pic.twitter.com/j9SHqigl4E
— IES Chano Piñeiro (@ieschano) April 15, 2021
Ningún comentario:
Publicar un comentario