Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 6 de xaneiro de 2022

Doce anos e un día

Con esta xa son doce as veces que coloco o camelo neste blogue. Isto faime lembrar o momento do inicio desta aventura virtual. Daquela enxergábanse malos tempos para a lingua galega; ese foi o motivo polo que naceu esta Carta Xeométrica. Despois pensei e abandonalo en moitas ocasións. Se non o fixen foi porque dalgunha maneira sentía que era necesario manter esta luz acesa fronte á escuridade da política lingüística que nos rodea.

Hoxe chego cunha impresión distinta. Eu, que de natural son pesimista, estou albiscando que a baixada aos infernos da normalización xa chegou ao seu punto máis baixo e que un futuro máis prometedor non está lonxe. Sinto que o final deste blogue non está lonxe. Ogallá.


2 comentarios:

  1. Doce anos e un día logo se di !
    Creo que se escribes para reflexar a aldraxe que sufre a lingua galega o blogo darache para muitos máis anos.

    ResponderEliminar
  2. Aldraxes seguirá habendo. Quizis sexa un inconsciente, non sei, pero teño a intuición de que un nivel de agresión tan profundo como o que levamos sufrindo estes 12 anos, ten os seus días contados

    ResponderEliminar