Hoxe chego cunha impresión distinta. Eu, que de natural son pesimista, estou albiscando que a baixada aos infernos da normalización xa chegou ao seu punto máis baixo e que un futuro máis prometedor non está lonxe. Sinto que o final deste blogue non está lonxe. Ogallá.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
xoves, 6 de xaneiro de 2022
Doce anos e un día
Con esta xa son doce as veces que coloco o camelo neste blogue. Isto faime lembrar o momento do inicio desta aventura virtual. Daquela enxergábanse malos tempos para a lingua galega; ese foi o motivo polo que naceu esta Carta Xeométrica. Despois pensei e abandonalo en moitas ocasións. Se non o fixen foi porque dalgunha maneira sentía que era necesario manter esta luz acesa fronte á escuridade da política lingüística que nos rodea.
Etiquetas:
aniversario,
blogues,
Carta Xeométrica
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Doce anos e un día logo se di !
ResponderEliminarCreo que se escribes para reflexar a aldraxe que sufre a lingua galega o blogo darache para muitos máis anos.
Aldraxes seguirá habendo. Quizis sexa un inconsciente, non sei, pero teño a intuición de que un nivel de agresión tan profundo como o que levamos sufrindo estes 12 anos, ten os seus días contados
ResponderEliminar