Neste vídeo musical do programa Polónia da TV3 ofrécese unha versión sociolingüística do Hallelujah de Leonard Cohen. Todo comeza precisamente cun "Hallelujah" celebrando unha circunstancia que os galegos coñecemos ben. Cando pedimos un "café con leite" temos que entoar a canción se o camareiro non nos responde coa pregunta "un café con que?".
Este capítulo de Polónia xoga coa confusión que oídos pouco afeitos a escoitar falar en catalán xeran palabras ou expresións como "cafè amb llet" (café con leite), "tomàquet amb pernil" (tomate con xamón) ou "maduixa" (amorodo).
Por certo, na TVG un programa deste estilo é algo co que non podemos nin soñar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario