Esta entrevista xa ten máis de 7 anos, pero batín con ela nestes días. O escritor Xosé Miranda, autor, entre moitas outras, da celebrada Morning star (Xerais,1998), fala aquí como profesor de bioloxía sobre o que daquela era recente decreto do plurilingüismo.
Sobra dicir que o que nos transmite Xosé Miranda é hoxe tan actual como daquela.
O idioma natural dos galegos é o galego, polo tanto o idioma natural da ciencia galega é o galegoDeliberadamente o goberno do PP fai que no ensino medio a ciencia non se dá en galego [...] parece que queren darnos a entender que a ciencia debe ser en castelán. Isto é insistir nunha superstición e nun absurdo.O atraso da ciencia en Galicia está motivado polo atraso xeral do país.[...] Cando hai un atraso económico tan grande o que se deduce inmediatamente é que todas as ramas estarán atrasadas. Para facer ciencia necesitamos laboratorios, necesitamos universidades, necesitamos diñeiro en definitiva. Pero tamén hai que dicir que nun país alfabetizado nun idioma estranxeiro só acceden ao coñecemento unhas capas mínimas da poboación mentres que nun país normalizado accederían ao coñecemento máis persoas. Deste xeito persoas con capacide quedan fóra porque o idioma no que se explican as cousas non é o seu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario