Como todo o mundo debería saber, o Día da Ciencia en Galego instituíuse para denunciar o ataque ao ensino en galego, especialmente nas materias científicas, que se deriva do funesto decreto do plurilingüismo. A súa data de celebración é o 4 de novembro, pero velaquí que no IES Chano Piñeiro (Forcarei) non quixeron que pasara o curso sen sumarse á reivindicación do uso da lingua galega nas aulas de ciencias e aínda que fose no mes de xaneiro. O certo é que as reivindicacións xustas non teñen caducidade.
No vídeo que divulga as actividades realizadas no IES de Forcarei veremos imaxes de diversas actividades:
01. Voando con drons
02. Extraendo o ADN
03. Experimentando con robots
04. Montando o cubo soma.
05. Aplicacións da topografía
06. Litofanías
07. Coñeces a Darwin?
08. Satélites NOAA
09. Curiosidades dos ovos
10. Realización de gravados
No vídeo que divulga as actividades realizadas no IES de Forcarei veremos imaxes de diversas actividades:
01. Voando con drons
02. Extraendo o ADN
03. Experimentando con robots
04. Montando o cubo soma.
05. Aplicacións da topografía
06. Litofanías
07. Coñeces a Darwin?
08. Satélites NOAA
09. Curiosidades dos ovos
10. Realización de gravados
Ningún comentario:
Publicar un comentario