Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 30 de agosto de 2023

O empresariado galego


 por Xosé Antón Laxe Martiñán en La Región:

Ramón Canal, empresario e articulista, publica neste mesmo xornal o artigo “El caramelito de las lenguas” o día 21/08/2023. No primeiro parágrafo, o artigo está en castelán, o Sr. Canal laia ironicamente pola exclusión do idioma galego das linguas do Estado español que o presidenciable Sánchez di reivindicará en Europa. Critica unha medida que o futuro goberno do Estado só aplicará para catalán e vasco en función do “número de votos”, e compara a estratexia gobernamental cunha lambetada que, di o articulista rozando o paroxismo pedófilo, “podríamos (sic) utilizar a las puertas de un colegio, ofreciéndole a un niño o una niña un caramelito para que se vaya contigo”.

 Non poñemos en dúbida que o número de votos será o criterio máis solvente para que desde Madrid se ignore o noso idioma, nada novo. Mais tampouco dubidamos que a inmensa maioría d@s deputad@s electos por Galicia nada (nada!) farán a prol da maior distinción que nos singulariza como pobo no mundo, o idioma galego. Tamén non nada se fai desde o empresariado galego (Axestor -Instituto Galego de Asesoramento Empresarial, que só ten en galego o nome; CEG -Confederación de Empresarios de Galicia, co español como lingua por defecto), en xeral, e en particular polo señor Canal, empresario e articulista, por esta orde, por poñer en valor o noso idioma desde a praxe profesional. “mejor así”, afirma o empresario no seu artigo, que o galego non conte para nada en ningures, pois o “sistema democrático” só é tal, democrático, mentres corresponda os seus intereses particulares, antagónicos, cre el, respecto aos da nosa lingua minorizada.

 

 

Imaxinan as lectoras e lectores desta carta ao director que o empresariado galego abrazase con todas as consecuencias a defensa do idioma galego? En qué o prexudicaría? En nada. Digámolo no idioma do agresor, tal e como Alfredo Vicenti, xornalista, o dixo na homenaxe a Curros Enríquez do 21 de outubro de 1904, na Coruña, para que Ramón Canal e quen secunda as súas teses o entenda: “Cultivad la lengua gallega, mejoradla con tono y empleadla con orgullo. Mientras la poseáis no lograrán acabar de transformarnos en grey vuestros políticos de tercera clase. No sereis nadie, sino objeto de curiosidad ó de explotación, cuando la hayáis perdido”.

 

Polo de agora, o empresariado galego escolle ser grea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario