A
Biblia.gal é o austero portal desde o que a Editorial Sept ofrece a versión on-line do libro sagrado dos cristiáns. A editorial publicara por primeira vez a Biblia na nosa lingua no 1989. A tradución fixérase con moito rigor, a partir das fontes orixinais, non a partir da versión noutras linguas. De aí que o documento tivese unha calidade extraordinaria.
Posteriormente no ano 2022 actualizouse cunha revisión lingüística por un grupo filólogos. Esta última versión é que agora se pon a disposición libre desde o portal que se presenta estes días.
A publicación tamén se pode descargar en PDF desde aquí
A Galilpedia ten máis información sobre a historia das traducións da Biblia ao galego.
Con todo, o fundamental neste punto é que a Igrexa sempre foi un vector de desgaleguización. De pouco serve ter unha moi boa edición da Biblia se a lingua de relación ou da liturxia segue a ser o castelán. Hai un informe do Consello da Cultura que trata, en parte, este tema: Receptividade do galego na liturxia