Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 24 de maio de 2019

Reconstruíndo a autoestima. O galego na Guarda



Excelente traballo do Equipo de Normalización do IES A Sangriña (A Guarda) e o colectivo Xuliva e que se presentou no Centro Cultural da vila o pasado 16/05/19 do que me enterei grazas ao Centro de Documentación Sociolingüística (CDSG.
Recollo (copio/pego) a presentación deste traballo:

Os últimos datos sociolingüísticos alertan dun descenso de case un 50% de falantes de galego en apenas dúas xeracións en Galiza. Na Guarda, a caída é dun 26% nos últimos dez anos e, segundo os últimos datos, xa só o 60% dos residentes no Baixo Miño usan a nosa língua de forma habitual. Entre os/as adolescentes da Guarda, só un 20% declara falar galego acotío. 
nte esta situación, no curso 2017/18, o Equipo de Normalización Lingüística da Sangriña decidiu elaborar, co alumnado de 3º da ESO, e baixo a coordinación de Denis Vicente e Menchu Costa, un documentario que ilustrase este lento mais continuado proceso de declive. Por que cada vez falamos menos galego? Somos conscientes as persoas da Guarda de que estamos a deixar morrer o noso maior patrimonio colectivo? Debemos facer algo para reverter esta situación?

Ningún comentario:

Publicar un comentario