Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 14 de xullo de 2020

O rostro humano da literatura galega

No ano 2008 a RSME (Real Sociedad Matemática Española) xunto coa FECYT (Fundación Española para la Cinencia y  Tecnología) puxeron en marcha unha exposición para popularizar a figura de 30 matemáticos, "O rostro humano das matemáticas". De cada un deles presentábase unha caricatura dun deles, un breve texto explicando algunhas das características fundamentais da súa vida e a súa obra e unha imaxe relativa a esta última. Por exemplo, de Pitágoras ofrecíase esta demostración visual do seu teorema.


Non se lle poden negar as potencialidades educativas desta exposición que, no seu momento, e con gran éxito, percorreu unha innumerable cantidade de centros e achegou a cultura matemática a moitos rapaces. A exposición incluso acabaría tomando forma de libro, El rostro humano de las matemáticas (Nivola, 2007)

O rostro humano da literatura galega
Agora, esta mesma idea, cargada sobre os ombros dunha soa persoa, foi levada á práctica coas figuras homenaxeadas no Días das Letras no período 1963-2020. De cada unha delas temos nas páxinas impares unha caricatura. Nas pares un texto do escritor, unha explicación do fundamental da súa vida e obra, datas e lugares de nacemento e morte, e un listado dos seus libros máis importantes. Velaquí a esencia do libro As letras galegas en caricatura, editado polo autor, Héitor Picallo.
Un libro de consulta escolar coa potencia das imaxes que fan máis próximos aos escritores galegos aquí recompilados.


4 comentarios:

  1. Si, e tal e como comentei a raíz do "Rostro humano das matemáticas", a idea é moi boa para achegar aos rapaces ao tema, sexa este cal sexa, as matemáticas ou a literatura

    ResponderEliminar
  2. Respostas
    1. Desde os antepenúltimos cambios no Blogger, nunca sei cando recibo un comentario. Xa se que moi tarde, pero moitas grazas pola intervención

      Eliminar