Onte a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) emitía un chío para informar da apertura do prazo para solicitar prazas de lectorado no que remitía ao portal da propia SXPL para a consulta de bases
A Xunta de Galicia abre o prazo para solicitar prazas de profesor-lector de lingua, literatura e cultura galega en seis universidades españolas e internacionais: Bangor, Autónoma de Barcelona, Cork, Kiel, Minho e Deusto https://t.co/TRcPJ982jR pic.twitter.com/em4AWNHlR5
— Política Lingüística (@SXPL) July 3, 2020
Porén, no portal da SXPL non había onde facer a consulta
Isto lévanos á pregunta: hai alguén aí? Funciona a SXPL? Se funciona, que fai?
Velaquí unha mostra do que fai. O conto, como veredes, non é novo.
Hai un ano a SXPL licita a compra de 300 exemplares do libro " Medio século de galeguidade", dunha especie de organismo chamado Enxebre Orde da Vieira. En total 6.236,88 €. Premendo na anterior ligazón poderedes comprobalo, o libro está redactado en castelán (agás unha entrevista ao secretario xeral de política lingüística e ao de emigración)
Que terá a Enxebre Orde da Vieira para ter a atención da Xunta?. Lendo a súa presentación vemos que
La ENXEBRE ORDE DA VIEIRA, NO es un partido político, ni asocia-ción, ni mucho menos una tendencia. NO promociona, no gestiona, no especula, no selecciona, no discrimina. NO es una corporación, ni una fundación. NO es un grupo de presión. NO tiene ni administra fondos. NO persigue ánimo de lucro. NO recibe ni solicita subvenciones. NO acepta herencias, legados ni donaciones. NO reparte dividendo. NO percibe cuotas ni tributos. NO tiene domicilio social. No tiene presidente, ni socios de honor, de número o de mérito. NO es una mutualidad ni una sociedad mercantil. La E.O.V. no es nada de eso y, sin embargo [o marcado é meu]
recibe o privilexio de que a SXPL gaste os seus fondos nun libro, posiblemente para agasallo aos seus membros , a pesar que a Enxebre Orde lle vira as costas á lingua. Non só iso, a SXPL compra 300 exemplares dun libro que maltrata a toponimia. A seguinte foto é só un dos múltiples exemplos: *La Coruña, *Orense, *La Guardia, *Puentedeume, ...
Finalmente, o máis escuro de todo. Vendo como é a publicación, entendemos que a SXPL merca todos os exemplares, seguramente para ofrecerllos como agasallo aos membros da Enxebre Orde que non recibe subvencións. De ser certa esta miña sospeita, hai que preguntarse a onde foron a parar os cartos da Secretaría Xeral de Emigración, cos que se volveu subvencionar a publicación
Ningún comentario:
Publicar un comentario